O PP de Guitiriz agradece a colaboración do Sergas para recuperar a actividade asistencial de xeito paulatino no consultorio de Parga a partir de setembro

Os populares destacan que a inhabilitación temporal de parte da actividade respostou única e exclusivamente a criterios de seguridade para doentes e traballadores establecidos pola Covid

E é que, dacordo co plan de continxencia elaborado conxuntamente entre o Servizo Galego de Saúde e os facultativos dos dous centros médicos, o de Parga, por mor da súa estrutura física e disposición, non permitía establecer circuítos de dobre circulación para a adecuada separación dos usuarios

“Queremos poñer en valor a actuación do Sergas, xa que, tal e como se comunicou con anterioridade, tan pronto fose factible pola evolución da pandemia, se volvería a retornar á actividade habitual normal, garantindo unha atención segura e de calidade”, afirman dende o PP

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.