O PP de Oleiros presenta unha moción para a cobertura de prazas en atención primaria

Durante estes dous últimos anos o sistema sanitario español e tamén o galego foi sometido a un importante exame por mor da pandemia ocasionada pola covid-19 que afectou non só ao ámbito da atención hospitalaria, senón que tamén á atención primaria

En atención primaria a Xunta de Galicia levaba xa anos traballando para avanzar na súa reforma. De feito, antes da pandemia se aprobara e estaba en marcha o “Plan galego de atención primaria 2019-2021” que fixou as liñas de traballo cara a unha primaria mais sólida, con máis recursos, maior autonomía e máis persoal. O Plan non só falaba de novas medidas, senón que ademais contemplaba a incorporación nestes últimos anos de 331 profesionais a este nivel asistencial.

Así mesmo contábase coa estratexia “Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde” que continúa sendo a guía para acadar o obxectivo de que a atención primaria sexa o eixo medular do sistema sanitario público galego.

No marco destas dúas estratexias, xa se puxeron en marcha os primeiros 14 plans de saúde local que continuarán coa súa implantación no resto do territorio, as axendas de calidade, o CRM100 para a atención das chamadas recibidas nos centros de saúde, ou o protocolo para a xestión da demanda ‘XIDE’. Con estas medidas refórzase a autonomía dos centros e permítese unha mellor xestión da demanda e da sobredemanda.

Sen embargo, o déficit de persoal médico de atención primaria en todo o sistema sanitario español, dificulta contar cos recursos humanos necesarios. Para poder afrontar este problema, en Galicia hai anos que se implantaron medidas como o contrato de continuidade ou, mais recentemente, a incorporación de técnicos de saúde. A Xunta anunciou tamén unha convocatoria de prazas de médico especialista en atención primaria a través dun concurso de méritos que será unha oportunidade para incentivar a incorporación de facultativos naqueles concellos, como pode ser o noso, no que existen dificultades para a cobertura de prazas. Esta convocatoria será posible grazas a unha reforma legal que tanto BNG como PSdeG votaron en contra no Parlamento de Galicia.

Ademais, hai cuestións que son competencia do Goberno do Estado que están sen resolver, como atender á petición do Parlamento galego onde todos os grupos políticos solicitaron a creación da especialidade de urxencias, que permitiría mellorar a formación específica dos profesionais e evitar que os MIR de primaria, unha vez rematada a residencia, acaben traballando en urxencias. Tamén está pendente a incorporación de mais prazas de formación que amplíen o número de profesionais que se forman en Galicia para atención primaria, así como flexibilización do sistema de acreditación de prazas e a mellora do programa formativo de atención primaria.

Por todo isto, o Partido Popular de Oleiros a través de su Grupo Municipal presentou a seguinte PROPOSTA DE ACORDOS:

1. Instar ao Goberno de España:

a. Á eliminación das limitacións na taxa de reposición do persoal sanitario.

b. Á creación, con tramitación preferente, da especialidade de medicina de urxencias e emerxencias, tal e como foi esixida de xeito unánime polo Parlamento de Galicia.

c. Á flexibilización do sistema de acreditación de prazas de formación, así como a mellora do programa formativo da especialidade de medicina familiar e comunitaria.

d. Proceder á convocatoria extraordinaria de máis prazas MIR de medicina de familia ou, cando menos, resolver positivamente a solicitude de Galicia de incorporar 65 novas prazas formativas de medicina de familia á vindeira convocatoria

2. Apoiar a decisión da Xunta de Galicia, dada a negativa do Goberno central a tomar outras medidas para aumentar o número de médicos de Atención Primaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.