O PP intensifica a presión sobre o goberno provincial para que a Deputación aprobe un suplemento do Plan Único para axudar aos concellos fronte á suba dos custos da enerxía

Os populares defenderán tamén no próximo pleno unha iniciativa para sacar adiante un plan de axudas directas aos sectores máis afectados pola crise, ás empresas e aos autónomos
Os populares lembran que o goberno provincial rexeitou en decembro a súa proposta para suplementar o Plan único ata o 25%, como prometera, para chegar aos 25 millóns de euros, á vista da perda de poder adquisitivo que empezaban a ter
O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que no suplemento “manteriamos o criterio de reparto obxectivo do Plan Único, pero estes fondos irían destinados directamente a paliar a crise enerxética que viven os concellos, debido aos custos da enerxía”
O PP defenderá un plan de axudas directas “aos sectores claramente afectados porque vemos como o sector do transporte, o agrongandeiro, o do mar están en paro, manifestándose, pedindo axuda; vémolo na costa e na capital da provincia, coas concentracións do día de onte”
Os populares avisan de que “se o equipo de goberno non sabe afrontar situacións de crise, ten que apartarse e deixar gobernar a aqueles que si o saben facer e xa o demostramos no seu momento cando xestionamos administracións en dificultades e sacamos recursos que non tiñamos”
Castiñeira asegura que “é o momento de actuar; non pode paralizarse a Deputación de Lugo por ter un goberno que permanece impasible diante da actual situación e que só trata de imitar ao Goberno de Sánchez, que intenta que pasen as cousas e que os demais solucionen os problemas”