O PP intenta que o Concello promova unha comisión para o estudo da situación do sector agrogandeiro en A Fonsagrada

Os populares din que o grupo de traballo debe estar integrado por membros dos grupos políticos municipais, os axentes sociais e colectivos implicados, así como por representantes de empresas con intereses no sector

O portavoz popular, José Luís Regueiro, acaba de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde para crear a comisión, á vista da inflación e incremento de custos, especialmente os derivados da suba de combustibles e cereais para elaboración de pensos.

Os populares destacan “a situación insostible do sector agrogandeiro de A Fonsagrada, especialmente no caso dos produtores de Tenreira Suprema”

Entre os obxectivos do grupo de traballo estarán os de analizar a situación agrogandeira no municipio, impulsar a elaboración de estudos de viabilidade do sector no termo municipal e apoiar que se facilite a permuta de fincas rústicas subvencionando parte dos custos e

No PP queren que a comisión sexa útil para favorecer e mediar nas concentracións parcelarias voluntarias, así como para fomentar o asentamento de empresas do sector

 Tamén son obxectivos propostos polo PP para a comisión o impulso de bonificacións nos impostos locais das empresas con actividade agrogandeira, a mediación e apoio do sector ante organismo públicos

 Os populares queren que se dea apoio a creación e promoción dunha plataforma de venta de produtos da Fonsagrada a través do comercio electrónico para evitar intermediarios

 Regueiro destaca que é preciso que o Goberno estableza os medios precisos para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.