Os Socialista de Antas de Ulla denuncia que o Alcalde deixou fóra do Orde do Día as dúas mocións que presentou o PSdeG

Os socialistas de Antas de Ulla demandan no Pleno, a través dun rogo, que o Concello realice o esforzo de deseñar e achegar á veciñanza de Antas de Ulla un programa de actividades e talleres de carácter anual dirixido ás persoas maiores para que interactúen socialmente e melloren as súas capacidades.

Dúas iniciativas coas que se instaba ao Concello “a solicitar fondos europeos para rehabilitar a casa da Cultura e a casa da Hermandade, co fin de destinala a usos comunitarios”. Por iso critican a pasividade do goberno do PP de Antas de Ulla, “porqué teñen medo a debater e reclamar investimentos de futuro para o noso concello?”, pregúntanse. E insisten nas súas criticas “ao PP non lle interesa solicitar axudas para á veciñanza, e deberán xustificar esta negativa e dar explicacións diante da cidadanía”, replican.

García Porto advirte que “deixar fóra da orde do día estas dúas propostas evidencia o afastamento que ten o Alcalde e o seu equipo das demandas da veciñanza”. E tamén reflicte“a improvisación coa que actúa constantemente, dando tumbos con proxectos e inversións e evidenciando que non conta cun proxecto de presente e futuro para Antas de Ulla e a súa veciñanza”.

No apartado das preguntas, queren coñecer as previsións do Concello de Antas de Ulla para solucionar e repoñer as luminarias e farolas que faltan ou non funcionan nas rúas da vila. E sinalan que o Concello recibiu para renovar a iluminación pública en subvencións 266.666 euros, “pero uns meses despois comprobamos que tras rematar estas actuacións, acumúlanse só no casco urbano arredor de 15 zonas de sombra por ausencia de luminarias”.

Dende o PSdeG queremos advertir que e o Concello perdeu 11.315,52 euros da Deputación de Lugo por non presentar axeitadamente os xustificantes para a mellora de luminarias. Un proxecto que estaba financiado a través do Plan Único do 2019 para unha actuación denominada “Renovación de instalacións de iluminación exteriores”, en diversas parroquias.

“Presentamos esta pregunta na sesión plenaria, tras escoitar as queixas da veciñanza. Ademais diso, constatamos que faltan os postes, os mástiles, en varios puntos para a ubicación de farolas que non contan co soporte dende o chan e que están ubicadas na estrada principal da vía a N-640. Estas dúas causas orixinan zonas de sombra, completamente escuras, que resultan perigosas para os peóns por falla de visibilidade, atopándonos nunha das épocas do ano que conta con menos horas de luz diúrna”, apuntou a Voceira.

As estradas municipais presentan un estado lamentable

Por último, García Porto interpelará ao Goberno Local sobre as medidas de conservación (limpeza e bacheo), que ten deseñadas o Goberno de Antas de Ulla para as estradas de titularidade municipal. A responsable socialista denuncia que “as estradas de titularidade municipal presentan un estado de conservación lamentable. Durante anos non se fixo nada por parte do concello na labor de conservación algunha, máis aló do que significa encher as fochancas con zahorra sen ningún tipo de riego e o desbroce dalgúns tramos coincidindo coas festas parroquiais. Polo tanto, sen limpeza de cunetas, sen bacheo periódico as únicas actuacións que se levan a cabo cos fondos relacionados que aportan outras administracións son riego asfáltico por tramos ou aglomerado novo esquecendo a vital limpeza e bacheo de cunetas e vías”.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.