Os socialistas de Antas de Ulla instan ao concello a que solicite fondos europeos para rehabilitar a casa da Cultura e a casa da Hermandade

Co fin de destinala a usos comunitarios. Así o avanzou hoxe a voceira Socialista en Antas de Ulla, Pilar García Porto, quen defenderá dúas mocións na vindeira sesión plenaria coas que insta ao Goberno Local a que presente estes dous proxectos para conseguir fondos europeos.

García Porto sinala que o Concello de Antas de Ulla non pode permitirse o luxo de pasar esta oportunidade de recibir fondos públicos para mellorar as nosas dotacións públicas. “Temos que aproveitar todas e cada un das oportunidades que nos presentan as diferentes administración publicas, como neste caso a Unión Europea a través dos proxectos de recuperación entre o Ministerio de Dereitos Sociais, ou a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos para Entidades Locais”, incidiu a voceira.

No que se refire ao inmoble municipal coñecido como a “Casa de la Hermandad de Labradores”, leva preto dunha década abandonada, “e sen que se proxecte sobre ela ningunha actuación para a súa conservación, mellora ou rehabilitación dende a súa adquisición fai oito anos”. Hai que lembrar que a compra deste  edificio por parte do Concello realizouse a través dun convenio coa Consellería de Facenda, cunha liña de financiación que comezou no 2014, e rematará no 2023, cunha cuota media anual de arredor de 2.600 euros.

Unha oportunidade único a custe cero para o Concello

O edificio conta cunha ubicación facilmente accesible, tanto en vehículo como a pé, e está dentro do casco urbano, permitindo a rehabilitación e recuperación dun edificio senlleiro para a historia da vila. Ademais “entre toda a  veciñanza existen moitas peticións para que se creen espacios de lecer e coidados para a poboación maior. E agora preséntasenos unha oportunidade única para poder dotar ao noso pobo dun centro de día, a custe cero para o Concello. Por iso, dende o Grupo Socialista defendemos insistentemente a necesaria creación deste centro para o coidado dos nosos maiores dependentes e autónomos, co fin de facilitar a necesaria conciliación laboral dos seus familiares”.

A Casa da Cultura presenta numerosas deficiencias

Ademais, o Grupo Socialista reclama tamén que con cargo ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos para Entidades Locais, o Concello de Antas de Ulla rehabilite a Casa da Cultura, o único espazo adicado especificamente ás actividades culturais da nosa vila.

Os socialistas sinalan que este edificio “é compartido por todos os colectivos culturais do concello, e onde ademáis alberga a Biblioteca Municipal e o punto de atención temperá á infancia. Polo tanto os usuarios destas instalacións son numerosos e converteuse nun punto de referencia no eido social, ademais de concentrar un alto número de público e de usuarios”, debido á programación e actos que se representan ao logo de todo o ano neste espacio publico.

Por todo isto, “solicitamos que se rehabilite este inmoble, xa que a día de hoxe presenta numerosas deficiencias, tanto na súa conservación como no seu mantemento. Como por exemplo o mal estado que presentan os aseos, as goteiras do tellado, as fiestras con cristais rotos ou en mal estado e que poden observarse cunha simple visita ao mesmo”, relatan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.