Os socialistas de Portomarín demandan ao concello que solicite axudas para rehabilitar a Casa da Cultura

Silvia Rodríguez advirte que este edificio “conta cunha antigüidade duns trinta anos, e na actualidade atopase nun estado de conservación moi deficiente”. Ademais, “non permite o acceso a todas as persoas, xa que a accesibilidad é insuficiente e defectuosa; e incluso nula na planta que se viña usando como biblioteca municipal”

Os socialistas de Portomarín demandarán no vindeiro pleno que o Concello solicite, dentro da convocatoria pública do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, a rehabilitación da Casa de Cultura da vila co fin de solventar os problemas de accesibilidade do edificio e a deficiente conservación que presenta.

Así o anunciou hoxe a voceira Silvia Rodríguez, quen explicou que ademais defenderán outra proposta “para demandar ao Goberno Local a elaboración dun Plan de Medidas Antifraude, xa que é un requisito esixible para poder concorrer a estas axudas públicas do Plan de Recuperación”. Hai que lembrar que este plan ten como finalidade “garantir que estas axudas públicas se utilizan conforme ao dereito aplicable da UE e nacional, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses”, incidiu.

Reducir o consumo enerxético,  mellorar a accesibilidade, inclusión

Rodríguez sinala, na iniciativa rexistrada, que a convocatoria do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, dotado con 600 millóns está  destinado as entidades locais, co fin de que poidan rehabilitar todo tipo de edificios de uso público, como por exemplo, administrativo, educativo, asistencial, deportivo, sanitario ou cultural. A través destas axudas preténdense reducir máis dun 30% o consumo de enerxía primaria non renovable, pero sen esquecer outro tipo de obxectivos, como a inclusión, a calidade estética a sostenibilidade, ou ben solventar problemas de accesibilidade, así como mellorar distribucións obsoletas ou desactualizadas coas novas formas de traballo, entre outras.

Un edificio sen accesibilidade

O Concello de Portomarín conta entre o seu parque de edificios públicos cunha construción destinada a Casa da Cultura, ubicada na rúa Ánxel Fole, un edificio que conta cunha antigüidade duns trinta anos, “e na actualidade atopase nun estado de conservación moi deficiente”. Ademais da súa lamentable conservación, “non permite o acceso a todas as persoas, xa que a accesibilidade é insuficiente e defectuosa; e incluso nula na planta que se viña usando como biblioteca municipal. Tamén os aseos do edificio e algunha das estancias son totalmente inaccesibles para as persoas con necesidades funcionais diversas ou con mobilidade reducida”, explica.

O plan de recuperación é unha oportunidade excepcional

Polo tanto, “entendemos que esta convocatoria de axudas do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos é unha oportunidade excepcional para solucionar os problemas de accesibilidade da Casa de Cultura, mediante a eliminación de barreiras e a mellora da accesibilidade física, cognitiva e sensorial. Ademais de mellorar tamén a deficiente conservación do edificio”, remarcou a voceira socialista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.