Presentada en Marín unha nova edición do Bolo do Pote

O Bolo do Pote prevé o reparto de máis de 1.000 racións o domigo ao mediodía

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, xunto cos representantes de Pousos da Area, presentou esta mañá a nova edición da festa gastronómica adicada ao Bolo do Pote, que se celebrará o domingo ao mediodía, coincidindo coa Andaina dos Montes e Praias.

A organización prevé o reparto de máis de 1.000 racións deste prato típico da cociña popular galega, elaborado con fariña de millo mollado en caldo e que se acompaña no prato con chourizo e ourella.

O reparto das racións será na Alameda Rosalía de Castro e comezará a partir das 12.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.