Revista do Fútbol Feminino Galego Ano X. Marzo, 2022. Número 102

Carlos Castro
Vivir na “aldea global” esixe certas competencias tamén no fútbol. O fútbol non é un xogo onde once máquinas, carentes de sentimentos, emocións e un percorrido existencial mecánico, loitan por gañar un partido para lograr os obxectivos marcados. O fútbol, non é preciso colocarlle xénero, está com- posto por seres humanos cun pasado, cun proceso de culturación. Se temos o luxo de contratar nos no- sos equipos xogadoras procedentes de América, de África ou de Asia, temos que estar preparados para comprender feitos diferenciais, temos que saber xestionar perfís culturais distintos, malia que nal- gún caso nos resulte perplexo cando observamos comportamentos que levan a cabo xogadoras pro- cedentes destes lugares. Manexar correctamente estas circunstancias vai formar parte da boa, ou mala, consideración dun equipo de técnicos á fronte dun equipo, pode proxectar ao éxito a unha xogadora, encamiñar ao grupo xestionado á vitoria, ou machucar emocional e psicoloxicamente a unha xogadora, facendo que diminúa o seu rendemento e o do equipo. Desde hai décadas, determinadas materias, as humanidades, son permanentemente cuestionadas nos deteriorantes planos de estudos que colocaron a España na parte baixa da educación nos países da OCDE.
O fútbol español tampouco é capaz de aproveitar a cultura, as humanidades, den- tro do seu empobrecedor universo porque non son capaces de atopar que a proxección cultural do noso deporte tamén pode ter un nicho de mercado. Pare- cera que as ciencias brandas son un puro snobismo nunha dinámica de traballo que complemente e me- llore o obxecto central, que é competir para gañar. O universo fútbol está cheo de barbarie, de xente arroutada que non ten límites nos distintos esta- mentos que o conforman. A base do fútbol son os xogadores e as xogadoras, seres humanos de for- mación heterodoxa, que poden non comer carne, que poden estar suxeitos a renuncias temporais por razóns de crenzas, que poden ser portadores de ex- periencias pasadas que lles provocaron sufrimentos que non queren volver a sentir, que teñen unha con- cepción da hixiene distinta, ou senten pudor de mostrar o seu corpo espido ao resto do grupo. A idea da aldea global pode ser marabillosa, pero es- tamos preparados para saber convivir coa dife- renza.
PORTADA
102. Revista FF. Marzo 2022
RADIOFUSION
PUBLICIDADE