Saíu dende Coles o primeiro envío de axuda humanitaria, organizado por UGT-Galicia, a Ucraína

Acaba de saír o primeiro envío de axuda humanitaria, froito da campaña iniciada hai unha semana polas familias ucraínas asentadas en Galicia, en colaboración con UGT-Galicia, dende as instalacións de Protección civil do Concello de Coles cara Ucraína. Antes da partida do camión con axuda humanitaria, o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio
Gómez; o alcalde de Coles, cuxo concello tamén colaborou, Manuel Rodríguez; e unha representación das familias ucraínas asentadas en Galicia mantiveron un encontro cos medios de comunicación no que agradeceron todas as achegas realizadas pola cidadanía e tódolos xestos de solidariedade.

O envío partiu con rumbo a Dolhobyczow (localidade polaca na fronteira con Ucraína)
onde o estará agardando unha representación do sindicato polaco OPZZ, membro da
Confederación Europea de Sindicatos (CES), que se fará cargo do material para facelo
chegar ós centros sanitarios e hospitais do oeste de Ucraína.
UGT-Galicia lembra que esta campaña de recollida de material púxose en marcha hai
unha semana, por iniciativa dun conxunto de familias ucraínas asentadas en Galicia
que se dirixiron ó Centro de integración e asesoramento sociolaboral para inmigrantes
que UGT ten en Ourense para pedir a colaboración do Sindicato. A partir de aquí
comezou un traballo de colaboración entre estas familias e UGT-Galicia, que abriu
todas as súas sedes, unhas 40 na Comunidade, para a recollida do material, e que
deu os seus froitos con este primeiro envío.
Neste senso, UGT-Galicia e as familias de ucraínos asentados na Comunidade
agradecen a solidariedade e colaboración cidadá con esta e outras iniciativas que se
están a desenvolver por toda Galicia pero lembra que non hai que baixar a garda
porque os ucraínos e ucraínas van necesitar da nosa axuda aínda durante moito máis
tempo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.