Segue aberto o prazo para anotarse na xornada de divulgación do patrimonio arqueolóxico do Courel

O encontro, que se celebrará este venres, inclúe unha visita guiada ao Castro da Torre, en Folgoso do Courel

O Museo de Lugo recorda que segue aberto o prazo de inscrición na Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico lucense,  que se celebrará este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e que terá como tema central o territorio e a arqueoloxía no Courel.

A xornada, coordinada pola directora do Museo de Lugo Aurelia Balseiro e polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo baixo o título “O Courel dos tesos cumes”, inclúe relatorios sobre os modelos de ocupación deste parte do territorio ao longo da historia e sobre os restos materiais conservados no Museo de Lugo, así como unha mesa redonda sobre a necesidade de transferencia e divulgación do coñecemento para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico courelán.

Como novidade con respecto a outras edicións, realizarase unha visita ao castro da Torre (Sobredo, Folgoso do Courel), guiada por Iván Álvarez Merayo, para coñecer de primeira man o traballo de campo no ámbito da arqueoloxía.

As inscricións poden realizarse ata este xoves. O formulario para anotarse está dispoñible na web da Rede Museística Provincial de Lugo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.