Volve a VI Marcha BTT da Lamprea a Arbo

Arbo recupera a tradicional Marcha BTT da Lamprea  o vindeiro 10 de abril

Dentro dos eventos que o Concello de Arbo, organiza no mes de Abril para promocional a LXII Festa da Lamprea  que este ano terá lugar  los días 22, 23 y 24 de abril, volve a organizar despois de dous anos de parón por culpa da pandemía a VI Marcha BTT da Lamprea o 10 de abril

As persoas que queiran participar nesta actividade, deberán inscribirse online na paxina web da Festa da Lamprea www.festadalamprea.gal,  sendo o prazo máximo de inscripción o día 6 de abril.

Os participantes contarán con seguro, avituallamento, agasallo e o rematar a proba deportiva poderán degustar a lamprea e viño das adegas de Arbo, para levar un bo sabor de boca.

Arbo está intimamente ligado á lamprea e ao viño. Tal é a súa relevancia que, nesta localidade, o peixe e as uvas forman parte do escudo e da bandeira do municipio. Unha unión que tamén se mantivo na gastronomía coa transmisión, de pais a fillos, de receitas como lamprea en empanada, lamprea á prancha, fritida e rebozada, guisada con fideos, entre outras, informa o edil de o Concello de Arbo, e que mellor maneira de quentar motores que achegarse a esta ruta que cada ano atrae a máis participantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *