Xuntos Carballo M+J pide ao concello que “cumpra o prometido en canto a reparación de rúas”

O pasado 23/11/2021 saía nos medios de comunicación o suposto plan de mellora dunhas vinte rúas por parte do concello

“Decimos supostamente porque como ven sendo habitual neste goberno o que anuncian non se corresponde coa realidade. Certamente actuouse na parroquia de Bértoa en algunhas rúas para nas que no seu día se recolleron firmas veciñais, por parte da formación municipalista. No escrito presentado nomeábanse varias vías e engadíase asimesmo as da contorna, e dicir, as que lindaban coas descritas. Na principal zona de actuación destas melloras quedou unha na que fai xa moito tempo o concello fixera unha ampliación,p rometendo acondicionala cando pediu permiso a os propietarios/as, máis ata o dagora nada se fixo (José Castro Chané), e o estado actual da mesma é pésimo. Igualmente persoas da rúa Gustavo Freire quéixanse da cantidade de gravilla solta que lle quedou despois dos traballos realizados, que lle tupe os sumidoiros e imposilita que a auga transcurra correctamente. O pasado 24 de xaneiro a empresa adxudacataria empezou cos traballos anunciados por parte do consistorio, e para o arranxo do anunciado tiñan un periodo de tempo de tres meses dende a firma do contrato para rematar. O que se pode ver e que non se está realizando ningún traballo actualmente,polo que leva a pensar que moitas das rúas que no seu día se nomearon e publicitaron de maneira constante van ter que quedar para outra ocasión, o que nos deixa ver novamente o nivel de cinismo por parte do consistorio”, denuncian dende a formación carballesa.

“Poidemos ver recentemente como a unha pregunta sobre a mellora da rúa Mirtos, feita nun medio de comunicación, o máximo responsable do concello recoñeceu que tiña falta de melloras pero que os recursos son os que son, así que moito nos tememos que a rúa Carré Aldao, Nardos, Pensamentos… tan só foi un espellismo propagandístico dun concello que se adica máis a facer propaganda que melloras reais”, sinala Xesús Deus Gende.

“Dende Xuntos Carballo M+J pedimos que o goberno local cumpra a súa promesa e proceda a realizar as actuacións pertinentes,para cumprir co que no seu día prometeron” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.