Xuntos Carballo M+J pide melloras urxentes na alta de Entrecruces

O secretario local e voceiro da formación Xesús Deus Gende achegouse ata a alta de Entrecruces para ver de preto as condicións nas que se atopa esta parte da parroquia carballesa
Alí recolleu diversas peticións veciñais, que xa foran expostas a o Goberno local pero que ata o dagora non obtiveron resposta favorable algunha por parte do consistorio.
A primeira refírese á necesidade da limpeza da maleza que invade o que antaño foi un campo de fútbol, “porque o estado actual e máis parecido a unha selva”. Neste caso unha das veciñas cando pasaron a limpar as cunetas transmitíulle a os operarios que porque non limpaban a zona recibindo por resposta de que non tiñan orde de facelo. Neste espazo tamén piden que se constrúa unha zona de ocio e de xogos. “Pedimos moitas veces uns columpios, uns bancos para sentarse a xente maior ou uns aparatos de ximnasia, porque este lugar está afastastado de onde hai esta clase de distracción para nenos e maiores, máis a resposta foi que non había nenos/as. Acaso hai máis na parroquia veciña e teñen un parque destas carácteristicas? Tal vez sexa porque por alí vive alguén relacionado co Goberno local?”, relata unha das afectadas.
A segunda queixa refirese a falta de visibilidade en cruces, tal coma o do Cotaro, onde os balados de mirtos, “tal vez fora da legalidade en canto a separación correspondente da vía pública”, moi achegados a estrada imposibilitan a visión. Se engadimos a estreitez das vias supón un serio risco en canto a seguridade vial.
A terceira demanda fai referencia a marquesiña existente actualmente, que está deteriorada co paso do tempo e non resgarda correctamente a os raparigos, namentras agardan o transporte escolar causándolle molladuras.
A cuarta está relacionada co alumeado público que según transladan enfoca máis cara algunhas casas que para onde debería facelo.
“Dende Xuntos Carballo M+J pedimoslle a o concello melloras urxentes para rematar con estes problemas, solicitados xá pola veciñanza en numerosas ocasións, rematando así coa deixadez que padecen moitas das nosas parroquias”.