Xuntos Carballo M+J pide un servizo de garda de asistencia social.

Recentemente o secretario local,voceiro e responsable da área social da formación Xesús Deus Gende , recolliu varias queixas de cidadáns que lle transmitiron a súa indignación en canto o servizo que se presta no eido social.

çA queixa non se refire a o trato recibido,que e ben valorado,senón a os horarios de atención a o público que según estes usuari@s se lle fai escaso en situacións concretas ou de urxencia.Evidentemente que os/as empregados/as públicos cumpren co horario establecido e como xá se dixo , de maneira axeitada no desempeño das súas funcións.O problema xurde cando pechan as oficinas, ou na fin de semana.

Existen casos de urxencia que ante a imposibilidade de poder acceder a o servizo, acuden a asistenta social do único organismo que está dispoñible que non é outro que o de Cáritas.Esta entidade da apoio a quen o precisa a calquera hora,máis faino de xeito desinteresado,e en ocasións vese desbordado , dado que teñen que atender unha chea de problemas de outras características.Unha entidade benéfica que non é responsable de atender as persoas neste eido a o que se fai referencia, senón que o fán por solidariedade e por axudar a os que a vida maltrata coa súa dureza de diferentes maneiras.

Tras o esposto dende Xuntos Carballo M+J pedimos que o concello habilite uns servizos sociais de urxencia que atenda en horario de serán e de fin  de semana,cumprindo así co cometido de garantir unha atención social de calidade,e sempre a o servizo da cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.