Xuntos Carballo M+J recolle inquedanzas en Bértoa sobre o proxectado paseo do Anllóns

A formación municipalista xuntouse con veciños da parroquia de Bértoa para interesarse polas dúbidas que xurden entre a veciñanza da zona, por onde posiblemente transcurra o paseo anunciado dende diferentes administracións
Ata o momento según comentan algúns veciños/as, ninguén contactou con eles/as, e aínda que o proxecto estea nos primeiros pasos o máis axeitado sería contar cos dono/as das fincas, que se verán afectadas. Moitas destas propiedades empreganse para prantar produtos agrícolas, e dubidan de cómo van quedar os accesos, os posibles danos dos traballos, se lle van abonar o terreo, ou como afectará a constante presenza de paseantes a os animáis da canceira existente na zona.
Por outra banda,o que máis preocupa é a flora e a fauna autóctona,que abonda a o carón do río. Ras, paxaros que aniñan pola zona, pereiras e maceiras silvestres, fieitas …Por todo o exposto a formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, esixe ao goberno local “que informe a os afectados/as sobre o proxecto,e que teña en conta a defensa e protección da natureza, nos tramos afectados”.