A Deputación da Coruña entrega novos vehículos a cinco clubs de remo e piragüismo da provincia

Formoso e Capelán entegaron as furgonetas ao Club de Remo Olímpico do Mandeo de Bergondo, Club Naútico Folixa e Club de Piragüismo xuvenil das Pontes, o Club Deportivo Náutico de Miño e o Club Deportivo Firrete de Pontedeume

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, participaron esta mañá no acto de entrega de cinco novas furgonetas a outros tantos clubs de remo e piragüismo da provincia

Os beneficiarios son o Club de Remo Olímpico do Mandeo de Bergondo, Club Naútico Folixa e Club de Piragüismo xuvenil das Pontes, o Club Deportivo Náutico de Miño e o Club Deportivo Firrete de Pontedeume.

A Deputación financia o 80% do custe de cada vehículo e as entidades o 20% restante. O investimento total nesta liña é de 200.000 euros este ano, aínda que quedan pendentes outras catro furgonetas por entegar. Son os clubs os que poden escoller o vehículo que mellor se adapte ás súas necesidades de transporte.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que con estas adqusicións, a área de Deportes da institución provincial pretende apoiar aos clubs de dous deportes naúticos de longa tradición na provincia e axudalos a manter a súa actividade, que require o transporte de material e persoas tanto para os adestramentos como para a participación en competicións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.