A Deputación financia 71.033 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos da comarca da Coruña

Valentín González Formoso destaca que a Deputación reforzou todos os seus programas sociais e financia hoxe 100.000 horas máis de axuda no fogar que hai dous anos

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión definitiva do Programa de Servizos Sociais Comunitarios 2022, que suporá un importante investimento de 8,3 millóns de euros para financiar a contratación de 177 profesionais do ámbito social e un total de 386.823 horas de servizo de axuda no fogar nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Nos concellos da comarca da Coruña a Deputación financiará este ano cun investimento de preto de 1,7 millóns de euros a contratación de 42 profesionais e un total de 71.033 horas de de axuda no fogar, “un servizo imprescidible para a atención de maiores e dependentes, especialmente nos concellos rurais, que ademais dá emprego a máis dun centenar de personas na provincia”, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

“Seguimos a cumprir co noso compromiso de reforzar todos os programas de protección social, tanto os da Deputación como os que dan apoio aos municipios da provincia”, afirmou o presidente provincial, que destacou que “a Deputación financia hoxe na provincia 100.000 horas máis de servizo de axuda no fogar na provincia que hai dous anos”.

Formoso subliñou o gran esforzo que teñen que facer os pequenos concellos para poder contar cunha plantilla de profesionais especialistas no eido social. “Por este motivo seguimos incrementando a dotación económica deste programa, un dos piares da Área Social da Deputación, permitindo que os concellos podan contratar máis persoal administrativo, técnico e de axuda a domicilio”, incidiu.

“Os profesionais que a Deputación axuda a contratar son os que buscan solucións aos problemas diarios das persoas máis desfavorecidas ou que atravesan situacións difíciles, os que atenden nas casas aos maiores e dependentes”, explicou González Formoso, que destacou que moitos municipios viron incrementada a carga de traballo do seus servizos sociais nos últimos dous anos debido á pandemia e á situación socioeconómica.

Estes profesionais atenden cada día a miles de cidadáns con problemas de índole social, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.

O orzamento dedicado ao Programa de Servizos Sociais Comunitarios incrementouse durante o mandato de Valentín González Formoso de 4 a 8,3 millóns de euros.

COMARCA DA CORUÑA
ABEGONDO 4 4.895,00 150.740,00 €
ARANGA 2 4.700,00 100.400,00 €
BERGONDO 2 6.000,00 112.000,00 €
BETANZOS 4 4.940,00 143.280,00 €
CARRAL 3 12.600,00 209.200,00 €
COIRÓS 2 3.204,00 78.448,00 €
CURTIS 2 2.400,00 68.800,00 €
IRIXOA 2 2.900,00 74.800,00 €
MESÍA 2 4.392,00 92.180,20 €
MIÑO 4 1.790,00 105.080,00 €
OZA – CESURAS 3 4.688,36 114.260,32 €
PADERNE 2 2.000,00 59.000,00 €
SADA 5 8.756,00 189.072,00 €
SOBRADO DOS MONXES 3 5.000,00 111.000,00 €
VILASANTAR 2 2.768,00 73.216,00 €
TOTAL COMARCA 42 71.033,36 1.681.476,52 €
  Profesionais sociais contratados Horas de Axuda no Fogar Investimento da Deputación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.