A Deputación renova a súa alianza co Obradoiro para promocionar a provincia da Coruña como destino turístico

Valentín González Formoso visitou ao equipo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago e expresoulles o seu convencemento de que “con esa unidade que exhibides permaneceremos nesta liga tan competitiva”

Valentín González Formoso visitou hoxe no Multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela ao Monbus Obradoiro. O encontro serviu para formalizar a renovación do convenio co club de baloncesto que compite na Liga Endesa e co que a Deputación da Coruña se aliou para promocionar a provincia como destino turístico.

Formoso, acompañado dos deputados provinciais de Promoción Económica e Economía, Blas García e Antonio Leira, foi recibido polo presidente do club, Raúl López, saudou un por un a todos os integrantes da plantilla e do corpo técnico e expresoulles o seu convencemento de que “con esa unidade que exhibides permaneceremos e seguiremos conseguindo victorias nesta liga tan competitiva”.

O presidente valorou a alianza formada xa que o Monbus Obradoiro “é unha referencia para a mocidade da provincia e de Galicia, un equipo que atesoura valores importantes como a da unión.  A unión fai a forza, e a forza dun país é precisamente estar xuntos nos temas importantes. Afrontamos momentos difíciles dentro e fóra da cancha, pero facémolo desde a unión”, destacou.

Formoso salientou tamén que o convenio establecido co club “é unha fórmula magnífica de dar a coñecer a nivel nacional e fóra de España, unha provincia como A Coruña e un país como Galicia, que ten tanto que ofrecer”.

Pola súa banda, Raúl López amosouse “encantado de que nos teñades elixido como equipo promocionador da provincia da Coruña” unha tempada máis e indicou que “toda a ACB se televisa en 120 países e este ano entre eles está China”. “Esperemos que sigades con nós moitos anos máis, estamos encantados”, afirmou o máximo mandatario do club.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.