A derradeira xornada da Liga Infantil nádase este sábado en Carballo

O AD Fogar disputa este sábado á tarde na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo a cuarta e derradeira xornada da Liga Galega Infantil no seu Grupo C

A competición levaráse a cabo coa presenza de público e cun aforo total dunhas 175 persoas, 70 nadadores-as, 10 técnic@s e delegad@s, 20 membros do xurado e persoal encargado da competición e 75 persoas de público.

A xornada desenvolverase nunha soa quenda de quecemento (16:00 a 16:55 horas) e competición (17:00 a 19:00 horas). Para pechar a liga o AD FOGA aliñará un equipo composto por 21 nadadoras-es, das cales 15 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina. Desta volta  medirán as súas forzas c@s representantes dos equipos do CN.Coruña (8), C.Mar (12), S.Casino (7) e CN.Arteixo (23).

O programa de probas da xornada inclúe os 100, 400 e 800 libres, os 100 costas, os 200 bolboreta e estilos, os 100 braza e as substitucións dos 4×100 libres mixtos. Logo das tres primeiras xornadas, o AD FOGAR está posicionado 8º masculinos, 10ª femininas e 9º/ª conxunt@s dos 30 equipos participantes.

CLASIFICACIÓNS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.