A selección galega infantil de balonmán disputa hoxe as semifinais do Campionato de España

A selección galega infantil masculina acadou o pase para as semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia ao superar a Madrid (29:23) e hoxe enfrontarase a Andalucía, un dos claros favoritos

A selección galega infantil masculina xa está nas semifinais do CESA (Hoxe 10:30h) despois de superar hoxe con claridade a Madrid. Foi, unha vez máis, un gran partido dos rapaces de Adrián Menduiña, que só pasaron apuros nalgún momento da segunda metade, pero sen que a vitoria correse perigo.

A primeira metade foi case perfecta. Despois dun inicio máis axustado, no que Galicia sufriu una dobre exclusión, o combinado galego comezou a ir abrindo distancias e facíao xogando a pracer fronte a unha selección madrileña desbordada. Os minigalaicos, que non podía contar con Mateo lesionado onte, brillaban en anticipación en defensa, o que se convertía en rápidos goles á contra, pero tamén no seu ataque, no que ten multitude de variantes para sorprender, tanto con penetracións, xogo cos extremos, co pivote… E todas saen ben. Así, ao descanso a distancia no marcador era
absolutamente demoledora (17-9).

No reinicio, Galicia quería seguir xogando como sabe, pero Madrid tiña que intentar algo para sorprender e optou por unha defensa presionante en todo o campo, que en algúns momentos na fase de grupos incomodou a Galicia.

E iso foi o que pasou. Madrid acadou un parcial de 2-5 nos primeiros 7 minutos da segunda metade e Galicia non atopaba o seu sitio en ataque, con varias perdas de balón moi rápidas (19-14) e erros nos lanzamentos. Así Menduiña pediu tempo morto para buscar solucións. Nestes minutos a selección galega sufriu, pero iso non se veu reflectido no marcador, xa que Madrid nunca logrou reducir a distancia a menos de cinco tantos, xa que cando o equipo o necesitou aí estivo Rubén en portería para sacar uns balóns providenciais que frearon a Madrid e tranquilizaron aos seus compañeiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.