A terceira xornada do Mundial de Técnica e Freestyle de Korea remata sen participación galega

Na terceira xornada do Mundial de Técnica e Freestyle de Korea os nosos representantes quedaron fóra das finais, a pesar do gran traballo realizado no tapiz. A actuación de todos eles foi moi boa, pero o certo é que o nivel dos competidores asiáticos está a ser altísimo neste Mundial

En parella 1 participou a parella galega formada por Tomás Fernández e Raquel Guillén (Tao), que realizaron uns poomsaes moi sincronizados e fortes, pero o nivel nesta proba foi incrible, chea
de parellas asiáticas. Así, os nosos remataron na undécima posición (a tres do pase á final).

Pola súa banda, Lucas Yelo (Kiap) en júnior masculino rematou na décima posición facendo un gran exercicio no tapiz, nunha competición dun nivel espectacular.

En freestyle, competiu a parella de +18 anos formada por Bárbara Di Martino e Manu Paz (Hebe) que quedou a só un posto de entrar na final e facendo un traballo cun nivel de dificultade moi alto.

En freestyle -17 masculino, Rubén Galdó (TKD Sada) fixo un free con moita potencia e forza, pero un apoio de mans no seu exercicio provocou que non puidera meterse na final. Na categoría feminina,
Irea Abuín (TKD Sada) quedou a só un posto da final, facendo un exercicio fantástico, ao nivel ao que nos ten acostumados, pero as rivais asiáticas deron un gran paso adiante dende o último mundial.

O Mundial remata mañá e tamén teremos participación galega. Raquel Guillén (Tao) participará en técnica sénior 1, así como o trío cadete masculino. Ademais, en freestyle teremos a Manu Paz
(Hebe) en freestyle individual + 18 e o quinteto de -17 anos (Hebe).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.