A unidade móbil de ‘Coidados porta a porta’ visitará Arbo en maio

Os días 9, 10,11 e 12 de maio a unidade mobil estará no Concello de Arbo
A unidade móbil de coidados sociosanitarios posta en marcha pola Xunta de Galicia no marco da campaña ‘ Coidados porta a porta’ visitará o Concello de Arbo os días 9, 10, 11 e 12 de maio para ofrecer gratuitamente os seus servizos ás persoas maiores de 55 anos.
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:
- Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
- Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
- Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
Os interesados poderán obter información e solicitar cita previa no telefono 622 748 283, no Centro de Saúde e no Concello de Arbo.