A Xunta aprobará a nova estratexia de inclusión social da poboación xitana

Galicia foi a primeira Comunidade en contar no ano 2014 cunha estratexia específica para a súa atención e integración

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a Xunta aprobará antes de que remate o ano a nova Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana de Galicia ata o ano 2030. Esta mañá participou nun acto celebrado no edificio administrativo de San Caetano con motivo do Día Internacional da Poboación Xitana, que se celebra mañá venres.

A conselleira destacou que no ano 2014 Galicia converteuse na primeira Comunidade en contar cun estratexia específica para a atención e a integración da poboación xitana. Coa súa renovación, o Goberno galego buscará marcar o camiño cara unha maior integración en materia de educación, saúde, vivenda e emprego dos 13.000 xitanos e xitanas que residen en Galicia.

Fabiola García agradeceu o traballo da Fundación Secretariado Xitano e do resto do tecido social galego na integración da poboación xitana. A Xunta destinou desde o ano 2009 máis de 2,1 millóns de euros para que esta entidade puxera en marcha programas como Acceder, destinado á incorporación efectiva ao emprego, ou o programa Promociona, destinado a que as mozas e mozos xitanos finalicen os seus estudos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.