A Xunta remata as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tinto e do rego do Fixo, no concello de Teo

Estes traballos realizáronse ao seu paso por distintos lugares da parroquia de San Xoán de Calo ao longo de máis de 4 km

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou a execución das actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tinto e do rego do Fixo, no concello de Teo.

Os traballos desenvolvéronse ao seu paso por distintos lugares da parroquia de San Xoán de Calo.

Os dous treitos obxecto das intervencións no río Tinto suman máis de 3 km de lonxitude e no rego do Fixo os traballos realizáronse ao longo de 1,4 km. En ambos os dous caso as tarefas centráronse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedan despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións do departamento que preside Ethel Vázquez contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.