ACiP mostra a sua indignación ante o estado do Parque de As Pombas de Ponteareas

O parque de maior extensión de Ponteareas encontrase nun estado de abandono excepcional, que ata resulta perigoso

Alternativa Ciudadana de Ponteares, ACiP, mostró su enfado con el siguiente comunicado:

Na mañá do xoves, representantes de Alternativa Ciudadana de Ponteareas acudiron a comprobar o actual estado do Parque As Pombas, ante o aviso de varios veciños sobre o seu estado calamitoso. Unha situación, que tamén dificulta a posta en marcha de negocios que pretenden abrir na súa contorna.

Tan só asomarse as instalacións podemos observar como a maleza e a alta herba predominan en todo o recinto. Se damos unha volta polo mesmo podemos observar unha gran cantidade de material en mal estado (papeleiras polo chan, cerrados das pistas deportivas totalmente desfeitos, bancos en mal estado e un longo etc.) e que ningún membro do goberno local move un dedo para arranxalo.

O máis preocupante é que existen elementos de auténtico perigo para nenos e maiores, atopamos varias arquetas que están sen tapar e que, coa cantidade de herba que acumulan ao seu redor, dificultan a súa visibilidade e poden causar máis dunha lesión. Tamén se atopa algunha árbore totalmente seca, que pode ser derrubada coa chegada dun temporal.

Como oposición a este goberno, somos conscientes de que leva 7 anos abandonando as parroquias e deixándoas a deriva, co cal non nos sorprende esta actitude de pasotismo constante. Pero si nos chama a atención que propoñan novos equipamentos deportivos, cando dificilmente son capaces de manter en bo estado os actuais.

Como ben sinala Juan Carlos González Carrera, líder de ACiP: «Este parque debería ser unha referencia para toda Ponteareas, xa que ten unhas condicións excepcionais. A mala xestión de BNG e PSOE provocan que sexa unha zona ruinosa, na que os pais teñen medo de deixar xogar os nenos deste municipio».

Dende esta formación, queremos transmitir publicamente a nosa indignación co estado actual deste parque de 10 000 m2, un auténtico pulmón verde do casco urbano. Esiximos o goberno, que de inmediato, destine unha partida orzamentaria para a recuperación deste espazo para o uso e desfrute seguro de todos os ponteareáns.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.