Alternativa de Arteixo demanda solucións para a praia de Area Grande

Alternativa dos Veciños de Arteixo demanda solucións para a praia de Area Grande, en Suevos, xa que se atopa totalmente cuberta por pedras e cun acceso intransitable, debido aos novos arrastres das correntes como consecuencia da construción do Porto Exterior, que provocou importantes cambios nas mesmas.

“A veciñanza de Suevos demanda solucións para poder volver a desfrutar da praia de Area Grande, xa que tal e como se atopa actualmente é imposible poder facelo“ apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.                                                                   “O acceso á praia atopase nunhas condicións lamentables, cheo de fochancas e maleza. Tamén existe a mesma problemática que nos areais do Reiro, Barrañán e Valcovo que se viron afectados polos cambios de correntes provocados pola construción do Porto Exterior” matiza Juanfran Martínez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.