Alvedro recibiu hoxe o primero voo de Málaga e mañá estrea conexión con Valencia

Esta mañá aterraban en Alvedro os pasaxeiros e pasaxeiras do primeiro viaxe Málaga-A Coruña-Málaga, operado pola compañía aérea Volotea

Alvedro recibiu hoxe e os primeiros pasaxeiros da nova ruta que une Málaga e A Coruña. Esta mañá aterraba o primeiro voo procedente do aeroporto andaluz. Mañá, venres 8, chegará o primeiro procedente de Valencia. Coa chegada de ambos os voos A Coruña amplía a conexión con outras cidades españolas e continúa sumando destinos á súa oferta aérea, seguindo as políticas do Goberno de Inés Rey de potenciar o valor turístico da cidade a través das súas infraestruturas clave, ademais de ofrecer á cidadanía un mellor servizo, con máis destinos e conexións, desde o aeroporto.

A compañía Volotea cubrirá ambas as rutas con dúas frecuencias semanais en cada caso: na de Málaga, luns e xoves e na de Valencia, luns e venres. Estas novas ruta son froito da licitación pública que o Consorcio de Turismo e Congresos de A Coruña sacou a concurso a finais do pasado ano 2021. Os billetes xa están dispoñibles a través das súas canles oficiais.

Con esta conexión, A Coruña abre unha liña de novo mercado directo con Málaga e Valencia en dous eixes: como potencial vacacional, ampliando a conexión con estas dúas liñas directas e de baixo custo; e como atracción do mercado MICE de outras provincias españolas, avanzando no obxectivo de posicionar A Coruña como capital de grandes eventos e congresos.

A pasada semana, Alvedro recibía tamén os primeiros pasaxeiros da nova conexión coa cidade de Londres, sumándose á xa operativa con París-Orly nos destinos internacionais e dando conta da importancia que ten para o goberno de Inés Rey a potenciación do aeroporto local, buscando sumar rutas que fomenten o turismo na Coruña e ofrezan alternativas para viaxar desde a cidade.

A Coruña como destino turístico

A inauguración destas novas liñas potenciará o atractivo da cidade como destino turístico da Semana Santa. O Goberno de Inés Rey está a traballar coa organización de grandes eventos deportivos e culturais para converter A Coruña nun destino turístico de primeiro nivel mesmo no ámbito internacional.

O aeroporto de Alvedro dispón, ademáis das novas rutas con Málaga e Valencia, de conexións directas con Madrid con Air Europa e Iberia; Barcelona, Sevilla, Valencia, París e Londres con Vueling; Gran Canaria coa compañía Binter ou Bilbao, coa mesma Volotea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.