As actividades infantís da praza de Abastos e do Mercado de Lugo continuarán ata o verán

Cristina López: «Organizamos actividades para que as crianzas poidan divertirse e aprender despois do éxito acadado no primeiro trimestre, facilitando que as familias poidan mercar na praza e no mercado»

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo renova as actividades infantís da Praza de Abastos e do Mercado Municipal, co obxectivo de  «facilitar que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal».

Desde a área de participación búscase «facilitar a conciliación familiar nas fins de semana, e facilitar que a veciñanza poida achegarse a coñecer os produtos de primeira calidade que se comercian na Praza e no Mercado».

As actividades, que foron un éxito de asistencia no primeiro trimestre do ano terán lugar nas mañás dos sábados de abril, maio e xuño entre as 11 e as 14 horas. As actividades consistirán en obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, adaptadas ás idades das nenas e nenos presentes.

A concelleira de Participación afirmou que «continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións». Cristina López animou á veciñanza a «realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.