Crece a preocupación en Arbo ante a decisión do Goberno de manter o trazado da liña de alta tensión polo concello

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, reuniuse con representantes das dúas asociacións de afectados polo proxecto de interconexión entre España e Portugal para decidir a folla de ruta a seguir

Dentro da Planificación Eléctrica 2021-2026 aprobada polo Consello de Ministros no mes de marzo, a Interconexión España – Portugal figura recollida dentro das prioridades do Goberno de España e teñen previsión de poñela en servizo antes de 2024, polo que o Partido Popular de Arbo, presentou o 25 de marzo de 2022 unha moción ao pleno para aprobar o rexeitamento a que trazado algún pasase polo municipio de Arbo.

O Pleno de data 28 de marzo de 2022 aprobou a moción presentada polo Partido Popular de Arbo e adoptou, por seis votos a favor, do Sr. Alcalde-Presidente e os dos cinco concelleiros do grupo municipal do PP, e coas catro abstencións dos concelleiros do grupo municipal de AGRELAR, no que se recollían as seguintes propostas: Rexeitar calquera trazado de Interconexión que afecte ao termo municipal de Arbo, preguntarlle ao Goberno de España se admite a posición unilateral de Portugal sobre o proxecto referido á LAT 400kV, en especial no referente ao punto de conexión con Galicia-España, instar ao Goberno de España a que achegue un trazado alternativo que non prexudique aos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, instar tanto á Deputación de Pontevedra como á Xunta de Galicia a realizar estas mesmas solicitudes ante o Goberno de España e instar aos partidos políticos galegos con representación, tanto no Congreso como no Senado, a presentar iniciativas para que o Goberno de España teña en conta os dereitos dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves.

O Partido Popular na súa moción apela a facer unha fronte común desde Arbo e desde Galicia na defensa dos intereses e dereitos da veciñanza. Precisamos dunha resposta unánime de todos os axentes públicos e sociais de Arbo.

Tendo en conta que a decisión final sobre o proxecto depende do Goberno de España, desde o Concello de Arbo seguiremos insistindo en que se debe escoitar aos veciños e veciñas de Arbo que din non a esta liña de alta tensión – informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

O BOE do martes 26 de abril de2022, publicaba a resolución de 8 de abril de 2022, da Dirección General de Calidade y Evaluación ambiental do Goberno de España, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal”.

A vista das últimas novas publicadas no BOE de 26.04.2022, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, mantivo unha reunión a día de hoxe con representantes de ambas as dúas asociacións de afectados para fixar a folla de ruta a seguir, na  que se acordou solicitar unha reunión á Subdelegación do Goberno e ao Ministerio de Transición Ecolóxica a que acudirá o alcalde e un representante das asociacións de afectados.

O alcalde, Horacio Gil, mostra un profundo pesar e preocupación e manifesta que “seguiremos apoiando aos veciños e veciñas de Arbo e insistindo en que os arbenses non queren que ningún trazado pase polo noso territorio. Contamos co apoio explícito da Xunta de Galicia, aínda que a decisión é do Goberno de España, tal e como se lle ten traslado ao alcalde, que mantén un contacto permanente coa administración autonómica, así como un espírito colaborativo e de unión tanto co concello das Neves como cos municipios do norte de Portugal que tamén están afectados”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.