CUAC FM convoca a XXIV edición do Concurso de Bandas e solistas

O prazo para presentarse finaliza o 13 de maio. Poden presentarse bandas e solistas de todo o estado español. Duas bandas galegas actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia. Créase o Premio Eva Coyote para bandas de A Coruña

A Radio comunitaria de A Coruña, CUAC FM 103.4, continúa o seu traballo de promoción de propostas emerxentes no terreo da música. Este 2022 celebra a 24ª edición do seu Concurso de Bandas e solistas, o máis lonxevo de Galicia.

Co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de A Coruña o concurso ofrecerá premios a un total de 5 bandas. O requisito para poder presentarse é ter editadas un máximo de 15 cancións e o prazo para facelo finaliza o 13 de maio. As bases e o formulario de inscrición están na web cuacfm.org

Convocatoria oficial do XXIV Concurso CUAC FM

O concurso divídese en duas fases. A primeira para Bandas e solistas galegos da que sairán duas gañadoras que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e a segunda, xa para proxectos de todo o estado Español do que sairán as propostas finalistas na Batalla de Bandas que se celebrará o día 22 de outubro na sala Mardi Gras, disputándose 1700 euros en premios.

Como novidade nesta edición, créase o Premio Eva Coyote, en homenaxe á artista e organizadora de concertos, técnica de son… Eva Piñeiro, que faleceu en 2021. Este premio é exclusivo para bandas ou solistas locais, está dotado con 800 euros e será para a banda ou solista coruñés que máis votos obteña, excluindo aqueles que xa fosen premiados tanto na primeira fase como na Batalla de Bandas.

Foto portada: Wetsocks foron os Gañadores do Premio á Mellor Banda local da XXIII Edición

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.