CxG pide a rectificación pública de Yolanda Díaz sobre o Villa de Pitanxo

“Recentemente a Vicepresidenta 2ª de visita en Galicia, minte aos galegos e galegas nos micrófonos da Radio Galega”
En declaracións no medio público a Ministra de Traballo manifestou: “que descoñecía a petición dos familiares do Vila de Pitanxo, mais que ela non tiña competencias no asunto”. “Os galeguista queremos denunciar publicamente que minte e que despreza a intelixencia dos galegos e galegas” declaran dende Compromiso por Galicia.
“O naufraxio do Vila de Pitanxo é un accidente laboral, sen discusión. A investigación do mesmo tamén é función da Inspección de Traballo e esta depende directamente do Ministerio de Yolanda Díaz. Minte a Ministra de forma descarada e interesada, para salvagardar a súa imaxe e tapar a súa falta de xestión no caso” denuncian.
“Mal empeza o proceso de escoita democrática de Yolanda Díaz cando para ela é prioritario xuntarse con ex-alcaldes da Marea antes que coas familias dos desaparecidos na maior catástrofe da pesca galega. É por elo que CxG rexistrará unha petición no Congreso para que a Vicepresidenta 2ª dea a cara en Galicia á xente que llo reclama” rematan.