Desde onte xa está operativo o caixeiro de Abanca en Dumbría

O caixeiro está ubicado no local que a entidade bancaria posúe en Dumbría e que foi arrendado ao Concello de Dumbría para que a veciñanza poida dispoñer deste servizo.

O martes 26 de abril, en horario de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar unha actividade formativa impartida por persoal de Abanca para asesorar sobre o uso do caixeiro ás  persoas que así o precisen.

A formación impartirase nas oficinas do mesmo edificio.

Este caixeiro automático permitirá aos habitantes do concello cubrir, entre outras, as seguintes necesidades:

  • Disposición de efectivo.
  • Consulta de saldos e movementos.
  • Pago de recibos e tributos.
  • Realización de transferencias nacionais.
  • Traspasos entre contas, para clientes.
  • Activación de tarxeta, cambio do seu PIN e do idioma co que se interactuará no caixeiro. O caixeiro incluirá como idiomas a elixir o galego, o castelán e o inglés.
  • A prestación dun servizo de asistencia financeira nas dependencias, que permita proporcionar ao habitantes do concello un nivel de servizo equivalente ao dunha oficina bancaria convencional, como o asesoramento en produtos e servizos financeiros, contratación de operacións de activo ou pasivo, etc., agás a prestación do servizo de caixa.
  • A prestación dun servizo de formación financeira e banca electrónica nas dependencias, que permita aos habitantes do concello adquirir as nocións básicas para aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.