El RC Deportivo Femenino comienza desde hoy a preparar el encuentro del próximo sábado ante el CD Pradejón

Despois de dous días de descanso (onte domingo e o sábado) debido ao parón ligueiro no grupo norte de Reto Iberdrola, o Deportivo ABANCA regresa esta tarde aos adestramentos.

O próximo partido para As Nosas será a visita do CD Pradejón a Abegondo prevista para o sábado 16 ás 12:00 h, correspondente á 24ª xornada.

A última derrota ligueira en Lezama ante o Athletic Club B deixou ás branquiazuis terceiras con 43 puntos (os mesmos que CDF Osasuna Femenino e SE AEM); a 1 punto do FC Levante Las Planas (segundo con 44 puntos); e a 4 do RCD Espanyol (líder agora con 47 puntos).

Miguel Llorente disporá esta semana de catro sesións de traballo na Cidade Deportiva para preparar o partido, segundo esta planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Luns 11 de abril
17:00 h.

Martes 12 de abril
11:30 h.

Mércores 13 de abril
Descanso

Xoves 14 de abril
11:30 h.

Venres 15 de abril
11:30 h.

Sábado 16 de abril
12:00: Deportivo ABANCA – CD Pradejón, en Abegondo.

Foto: RC Deportivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.