EUROPE DIRECT A Coruña organiza a presentación do libro ‘Fraternidad Europea’ dentro da programación do Día de Europa

O evento, no que colabora a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, terá lugar o 28 de abril ás 18 horas. O autor, Manuel Blanco Desar, manterá unha conversa coa xornalista Sofía Vázquez que estará aberta á participación do público

EUROPE DIRECT A Coruña organiza a presentación do libro Fraternidad Europea, de Manuel Blanco Desar, no marco das celebracións planificadas polo centro oficial de información europea para o 9 de maio, Día de Europa. O evento terá lugar o día 28 de abril ás 18 horas na sala César Antonio Molina da Biblioteca da Deputación da Coruña, que colabora na organización do evento.

Fraternidad Europea é un ensaio no que Manuel Blanco Desar -heterónimo do  economista, politólogo e xurista José Manuel Blanco González- realiza unha análise e reflexión política sobre o presente e o futuro da Unión Europea. Un libro «para espertar aos cidadáns europeos da modorra», como o describe, e no que aborda temas como a democratización, o poder xudicial, as políticas sectoriais ou a educación superior e a investigación dentro da UE.

A presentación do libro estará enfocada nun debate sobre a Unión Europea no que Blanco Desar conversará coa xornalista Sofía Vázquez e que estará aberto á participación do público.

Manuel Blanco Desar está especializado en asuntos internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas e foi tamén presidente da Asociación Federalista Europea.

Presentación: Fraternidad Europea, de Manuel Blanco Desar. Conversa co autor e a xornalista Sofía Vázquez

Día e hora: 28 de abril ás 18 horas

Lugar: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Sala César Antonio Molina. Rúa Rego de Auga, 37.

Para máis información sobre a presentación, pódese consultar a web ou contactar con EUROPE DIRECT A Coruña a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.