Exposición sobre a Banda de Antas no castelo de Pambre

O sábado 30 de abril, as 12,00 h., será inaugurada no castelo de Pambre a exposición Banda Municipal de Antas de Ulla: 125 anos resoando no corazón de Galicia, que se poderá visitar ata o 29 de maio.

A exposición, promocionada pola Área de Turismo da Deputación de Lugo e coordinada polo Instituto de Estudos Ulloáns e o Concello de Palas de Rei, recolle os principais acontecementos dos 125 anos de existencia da banda de música municipal de Antas de Ulla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.