FEGADACE e os concellos de Dumbría e Zas colaboran na prevención do dano cerebral con dúas sesións informativas

As citas son o mércores 20 de abril na Biblioteca e Espazo Deportivo O Conco e o xoves 21 no Centro Sociocultural de Baio

A información sobre o dano cerebral adquirido chega á Costa da Morte pola man da colaboración entre os concellos de Dumbría e Zas e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

Estas actividades informativas están dirixida a todo tipo de público e nelas a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo as dous concellos: ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, que atende á poboación de toda a área sanitaria.

A sesión informativa de Dumbría vai ter lugar o mércores 20 de abril ás 18:00 hh. na Biblioteca Municipal e Espazo Deportivo O Conco. A asistencia é libre, pero recoméndase inscribirse no 981 744 001.

A cita en Zas será ao día seguinte, o xoves 21 de abril, ás 16:30 hh. no Centro Sociocultural de Baio. O acceso tamén é libre, pero recoméndase inscribirse no teléfono 652 770 653.

A organización destas actividades conta coa colaboración dos concellos de Dumbría e de Zas e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.