Formoso aféalle ao goberno galego que estean «máis preocupados polas quinielas da sucesión de Feijóo que polos problemas reais da cidadanía»

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, censuroulle hoxe á Xunta que estean “máis preocupados polas quinielas que por salvar centos de miles de empregos en Galicia”, que se atopan “ao borde do abismo”. Así o dixo dende As Pontes, onde visitou visitou a Asociación de empresarios Seara xunto co secretario xeral de Axenda Urbana e Vivenda do goberno central, David Lucas.

O líder dos socialistas galegos defendeu unha alternativa socialista de goberno “comprometida co país e presente no día a día” fronte a unha Xunta “ausente, máis preocupado pola aterraxe de Feijóo en Madrid e, sobre todo, do dedazo de Feijóo para designar sucesor ou sucesora”. E isto, dixo, mentres “o país está a pasar a situación máis crítica economicamente dos últimos 30 anos”.

Lembrou que “ningunha das medidas anunciadas” polo presidente da Xunta no Parlamento están plasmadas no DOG, “e polo tanto non están operativas”, en contraposición co “plan anticrise contundente” presentado polo goberno de España. Lembrou a rebaixa dos combustibles, as axudas vencelladas ao bono social eléctrico, que beneficiará a 115.000 galegos e galegas.

Estas medidas compleméntanse coas medidas postas enriba da mesa polas institucións presididas por representantes socialistas, como os 10 millóns de euros que liberou a Deputación de A Coruña para axudas directas a transportistas, mariñeiros e gandeiros da provincia.

Alternativa de goberno

Dixo que “Galicia necesita dun goberno comprometido co país, presente nos asuntos do día a día e liderado por un partido institucional coma o PSdeG, que non é o das pancartas nin o partido do NON ni está preocupado pola sucesión”. Presentou aos socialistas galegos como opción de goberno avalada polos gobernos de Santiago, Lugo, Vigo, A Coruña, Ferrol e 111 alcaldías en toda Galicia.

Subliñou que “os galegos e as galegas nos ven como un partido institucional, que quere liderar o cambio en Galicia nun momento imprescindible”, e presentou aos socialistas galegos como alternativa ao goberno “ausente” de Feijóo. Engadiu que “os galegos e galegas agardamos que o país comece a funcionar, e para iso esperamos que haxa unha alternativa de goberno que debe de encabezar o PSdeG”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.