Formoso presenta a un PSdeG «comprometido unica e exclusivamente co seu país, que se chama Galicia», mentres a Xunta «está máis preocupada pola marcha de Feijóo»

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, presentou hoxe ao PSdeG como “o partido que xa gobernou o país e vai liderar a alternativa de goberno, comprometido única e exclusivamente co seu país, que se chama Galicia”. Presentou como aval de goberno a xestión á fronte dos concellos de Santiago, Coruña, Ferrol, Lugo, Vigo e “centos de alcaldías de Galicia”.

Formoso contrapuxo o compromiso do seu partido, “institucional e de goberno, que non é un partido de pancartas nin o partido do NON”, coa desaparición do goberno galego “no momento máis crítico” para Galicia nos últimos 30 anos. Lamentou que a Xunta leve semanas “máis preocupada pola marcha de Feijóo que de realmente adoptar medidas” que alivien a situación dos sectores máis afectados pola crise.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao goberno galego que tome a iniciativa para apoiar aos sectores máis impactados polos efectos combinados da pandemia, a inflación ou a guerra de Ucraína, coo son o transporte e a gandería, agricultura ou a pesca.

Talón de Aquiles

Valentín González Formoso apuntou hoxe á ultradereita coma o “talón de Aquiles” de Feijóo e do PP, e ata que punto “está por ver como o PP é capaz de asumir parte do discurso de Vox para asumir aos seus votantes”. Así o Así o dixo en resposta ás declaracións de dirixentes do PP apuntando a ampliar a base de voto tanto cara Vox como cara os socialistas, e resumiu que “representamos mundos moi distintos”.

O líder dos socialistas galegos sinalou que “non é doado que a un socialista se lle poida incluír no mesmo paquete de convicción que a Vox”, e lembrou que a presenza desta forza permite demostrar “quen está disposto a gobernar a calquera prezo, mesmo permitindo que a ultradereita entre nas institucións españolas e galegas”.

Así sucederá, dixo, no goberno de Castela e León, onde entrarán no Executivo autonómico “coa autorización de Feijóo”, a costa de provocar a “vergoña” do propio PP Europeo de que esta sexa “a primeira vez que a estrema dereita vai entrar nunha institución rexional grazas ao PP”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.