Francisco Dinís Díaz toma posesión como novo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Este xoves celebrouse o pleno ordinario do Concello da Coruña do mes de abril

Entre os asuntos da orde do día figuraba a toma de posesión como concelleiro da Corporación de Francisco Dinís Díaz Gallego. A alcaldesa, Inés Rey, desexoulle “sorte e acertos nesta nova etapa que inicia” o novo concelleiro. “Serán os acertos de todas as coruñesas e todos os coruñeses”, afirmou a rexedora.

Díaz Gallego (A Coruña, 1988) farase cargo das competencias de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. O novo concelleiro viña exercendo desde o comezo da lexislatura como conselleiro técnico da concellaría que agora lidera. Díaz Gallego é titulado en Arquitectura pola ETSAC e doutor pola Universidade da Coruña en Arquitectura e Urbanismo. Antes de chegar ao Concello traballou durante oito anos como arquitecto urbanista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.