Javier Castiñeira: “Pedimos a Cajoto altura de miras e que valore a importancia de que Altri se asente na provincia, aínda que non sexa en A Mariña, como queriamos”

Javier Castiñeira lembra que “o PP de Foz apoiou sempre a preferencia de A Mariña como ubicación desta fábrica de fibras téxtiles, sempre e cando se deran as condicións que esixía a empresa, que é que ten que defender o negocio durante todos estes anos”

Os populares lamentan “que a decisión final fora non ubicala en A Mariña”, pero recoñecemos “que é importante para os produtores madeireiros que poñen en valor o produto mariñán; é importante para os transportistas e, en definitiva, con altura de miras, é importante para a provincia e para Galicia”

No PP cren que Cajoto intenta un lavado de cara, para tratar de que se esqueza a súa inacción e incapacidade para esixir ao Goberno central un estatuto electrointensivo como o que precisa a industria como Alcoa, que esa si é unha decisión política

Castiñeira asegura que o alcalde fai “teatro, un teatro que só é pateadura política, porque o señor Cajoto sabe perfectamente que isto é unha decisión empresarial, non política”. Ínstao a reclamar unha modificación do estatuto electrointensivo na liña que piden os sindicatos.

Para o PP “é un proxecto de país, polo que non podemos quedarnos no localismo barato do señor Cajoto, que é un despropósito que nos está xerando moi mala imaxe, non só en Foz, senón en toda a provincia”

 

Os populares recomendan a Cajoto: “Déixese de pateaduras e súmese a todos os galegos que estamos satisfeitos porque unha fábrica deste tipo se ubique en Galicia e sirva para intentar paliar esa crise industrial provocada fundamental pola crise enerxética e agravada polas políticas do Goberno central”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.