José Fernández Carrete asume a presidencia da xestora do PP de Becerreá

O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Becerreá a José Fernández Carrete(Becerreá, 1973). Fernández Carrete foi concelleiro de Cultura e Deportes cando o PP gobernou en Becerreá e foi Secretario Xeral dos populares becerrenses.

Este nomeamento xurde tras a renuncia do presidente da agrupación local, Miguel Cela González, e do consenso entre os afiliados e co propio presidente saínte nunha reunión celebrada en datas pasadas coa dirección provincial.

Fernández Carrete di que se dá un mes de prazo para ter totalmente conformada a xestora do partido. O seu obxectivo neste sentido é que nela teñan representación todas as sensibilidade do partido en Becerreá. Lembra que son membros nato da xestora os membros do grupo municipal, do que di que leva a cabo un gran labor de oposición ao goberno local, e que traballará de maneira coordinada e unida co mesmo.

O presidente da xestora sinala que o súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Becerreá e estar preto dos veciños para defender os seus intereses. O obxectivo é que o PP chegue ás eleccións do 2023 forte e unido para conseguir un cambio de rumbo neste municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.