José Tomé asistíu en Monterroso ao memorial José Antonio Guerreiro

O Presidente da Deputación asiste en Monterroso ao memorial José Antonio Guerreiro

 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este sábado ao memorial José Antonio Guerreiro organizado pola Asociación de Pescadores da Ulloa, de Monterroso. José Tomé destacou na celebración deste encontro de pesca sen morte que naceu no ano 2000 a importancia de “coidar, respectar e poñer en valor” o rico patrimonio fluvial co que conta a provincia “como un recurso de lecer, a través por exemplo da pesca deportiva, pero tamén como un recurso económico”.

A pesca deportiva “é unha actividade que ten moitos afeccionados na provincia, e a súa práctica convértese nun elemento máis para definir unha oferta turística sostible e de calidade, centrada no medio ambiente, no turismo activo e de experiencias. Unha oferta que estamos potenciando dende a Deputación porque cremos que axuda a crear e a manter emprego no noso rural”, asegurou o Presidente, que acudiu ao acto xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.