Manuel Baltar ratifica a colaboración da Deputación coa Fundación Carlos Velo para a promoción de Ourense no mundo audiovisual

O presidente provincial e a presidenta da entidade, Carmen Leyte, mantiveron un encontro para facer balance da incorporación da Deputación en 2020 ao padroado, ademais de repasar os proxectos nos que están a traballar conxuntamente. 

A Deputación seguirá a colaborar no funcionamento da fundación, ademais de contribuír á recuperación da casa de Carlos Velo en Cartelle como sede da entidade, e sobre todo seguir apostando por unha aliada na organización do Festival de Cine de Ourense “desde o coñecemento, a traxectoria e o compromiso co cinema como arte”, destacou Baltar 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.