Miguel Ángel Cela González dá un paso atrás e deixa a presidencia do PP de Becerreá para centrarse no traballo do grupo municipal, que non experimentará cambios

O ata agora presidente do PP de Becerreá, Miguel Ángel Cela González, decidiu dar un paso atrás e deixar esta responsabilidade co fin de promover a apertura do partido e centrarse máis intensamente aínda no traballo do grupo municipal, do que é portavoz. Así o comunicou nas últimas horas á dirección provincial do partido, nunha reunión celebrada en Becerreá.

Cela González levaba dende 2015 á fronte do PP de Becerreá. Agora considera que, para preparar as próximas eleccións locais, o partido debe abrirse aínda máis á sociedade e cre que, no seu caso, é o momento de dar un paso atrás. Nos próximos días coñeceranse as decisións do partido, na liña de impulsar a escoita activa da sociedade neste municipio e o crecemento da organización dende a unidade e a participación.

O ata agora presidente do PP de Becerreá asegura que centrará o seu esforzo no traballo do grupo municipal, que non experimentará cambios e que colaborará, como sempre, decididamente co partido. O obxectivo, sinala, é conseguir o mellor resultado nas próximas eleccións, de maneira que o PP chegue ao goberno municipal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.