Ningunha explicación oficial sobre o cambio de curso do río na súa desembocadura na praia de Areas

O 30 de marzo, a nosa voceira, Mary Camiña, solicitou vía correo electrónico, á Xefatura de Costas de Pontevedra, que se indagara sobre o cambio de curso da desembocadura do río na praia de Areas, pois todos os indicios apuntan a que foi movido de forma artificial: rodaduras de maquinaria, montóns de area con restos vexetais, recheo parcial do antigo curso do río, e un novo cauce con claras mostras dos dentes da maquinaria empregada nas paredes da area que conforma o novo cauce que destaca pola súa forma antinatural.Estos días saíu en prensa, e así fora publicado no portal do Concello de Sanxenxo, que se estiveron a levar a cabo un re-acondicionamento da zona dunar, cambiando un pedazo do paseo e eliminando plantas invasoras, sen embargo, nada explica a actuación sobre o leito do río. Así que o 2 de abril, métese instancia vía telemática no Concello de Sanxenxo cara obter unha resposta.
Tras falta de resposta, o día de hoxe, 8 de abril volve re-enviarse correo á Xefatura de Costas de Pontevedra con información adicional, á cal esperamos que respondan en breve cunha explicación ou investigación dos feitos, dadas as consecuencias medio ambientais que esta actuación supón ao tratarse dunha zona intermareal, criadeiro de milleiros de especies marítimas e da zona dunar protexida á que pertence o río, polo que non descartamos interpoñer queixa ante o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e, de non obter resposta nun mes, acudir ao Portal de Transparencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.