O alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez reúnese con Manuel Baltar

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no día de onte no Pazo Provincial co novo alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez.

Na entrevista mantida o alcalde trasladoulle ao presidente algunhas das actuacións que a institución municipal demanda do ente provincial. Ambos comprometéronse a traballar de forma conxunta na reposición do alumeado público, asfaltado e recuperación de pavimentos no núcleo de Vilar de Santos. Igualmente o presidente provincial comprometeuse a recuperar a colaboración co Museo Etnográfico da Limia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.