O BNG en Castroverde organiza unha charla informativa sobre os parques eólicos Reboiro e Monte Contado

O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde organiza unha charla informativa sobre os impactos e afeccións da posíbel construción dos parques eólicos Reboiro e Monte Contado. Estes parques situaranse nos lugares de Páramo, A Meda, Barredo e Serés.

Celebrarase este sábado, 02 de abril, ás 17 horas no CPI de Castroverde.

Contará coas intervencións de Belén Rodríguez, secretaria executiva de ADEGA, e a portavoz municipal e concelleira do BNG en Castroverde, Iria Castro.

Iria Castro explicou a finalidade desta charla informativa «desde o BNG convocamos esta charla informativa á veciñanza de Castroverde para que poida contar con ferramentas e coñecementos sobre as implicacións e os custos que posúe a construción dun parque eólico»

Neste senso, a concelleira do BNG en Castroverde destacou «dar a coñecer o actual sistema eólico supón concienciar á xente de que a enerxía é nosa, e por isto, debemos contar con ferramentas como a aplicación dunha tarifa eléctrica galega que nos abarate a factura da luz»

O BNG está a organizar este tipo de actos por todo Galiza dentro da campaña Nin espolio, nin depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega! no que a organización nacionalista presenta as súas propostas en materia de enerxética fronte ao modelo depredador do goberno da Xunta de Galiza como do Estado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.