O BNG formula un rogo para reparar o firme de varias beirarrúas de Novo Mesoiro

Nomeadamente nas zonas de acceso a garaxes

O evidente estado de deterioración que presentan varias beirarrúas de Novo Mesoiro –moi patente nas fotos que se achegan- leva o BNG a lle formular un rogo escrito ao Goberno Local para que desde o Concello se adopten as medidas precisas para arranxar esta situación.

A falta de mantemento do firme é especialmente notoria nas zonas de acceso a garaxes. Estamos –afirma o noso voceiro, Francisco Jorquera, autor da iniciativa- ante deficiencias que “non só provocan molestias a veciños e veciñas, senón que mesmo representan un perigo para os peóns”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.