O BNG organiza en Sarria un acto público sobre as súas propostas para o sector gandeiro de leite e da carne

Celebrarase este venres, 08 de abril, ás 12 horas na Casa da Cultura en Sarria

O Bloque Nacionalista Galego en Sarria organiza un acto público para amosar as súas propostas para o sector gandeiro vacún de leite e da carne, perante o encarecemento das materias primas e a falta de prezos xustos na produción gandeira.

Contará coa participación do deputado no Parlamento galego, Xosé Luis Rivas “Mini”, o gandeiro e coordinador de sectores gandeiros da Federación Rural Galega (FRUGA), Elías Somoza, e o concelleiro e portavoz municipal do BNG en Sarria, Efrén Castro.

Celebrarase este venres, 08 de abril, ás 12 horas na Casa da Cultura de Sarria.

“Organizamos este acto para que o sector gandeiro do leite e da carne coñeza as propostas e medidas do BNG ante os baixos prezos en orixe e o aumento dos custos de produción por mor da brutal suba de prezos” explicou o concelleiro Efrén Castro

Neste senso, o concelleiro de Sarria animou a participar neste acto “ante a pasividade do Goberno da Xunta e do Estado en aplicar medidas, no BNG temos alternativas para frear esta situación insostíbel e amosarémolas neste acto; convidamos a participar ás persoas do sector para que coñezan as nosas propostas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.